06 mayo, 2009

REVISITANDO THEO ANGELOPOULOS

Pois sí, voltamos a Theo Angelopoulos. Proxectaremos os seus primeiros filmes, até hai pouco inéditos. Ben é sabido que a vida divíde-se entre, ademáis de outras consideracións, os que tivemos a sorte de desfrutar do cineasta grego e os que non. Pola nosa parte faremos o imposível para que ninguén sinta ese vacío existencial e poida desfrutar desta oportunidade (outra máis) para se achegar a unha experiencia inolvidável. Ficas avisado, ¿levabas un tempo sentíndo-te valeiro, sen estímulos? Pois restába-te Angelopoulos. Os domingos ás 20:30h no Cineclube Utopía Cinema. Vémo-nós. OMNIA SUNT COMMUNIA. E lembra que compartir non pode ser delito, mais é unha necesidade.

No hay comentarios: