23 octubre, 2008

DÍA DO ESPECTADOR EN UTOPÍA CINEMA

Comenzamos unha nova actividade dentro das nosas programacións. (Á marxe dos filmes dos domingos). Agora poderedes elexir o filme que vos gustaría ver en pantalla grande. Só tendes que consultar o noso listado e xuntar un grupo mínimo de cinco persoas. Falade con nós para decidir data e hora, e desfrutar á carta e gratuitamente dos filmes que queirades.

26 agosto, 2008

SATYAJIT RAY. O CLÁSICO DESCOÑECIDO.

"Non ter visto o cine de Ray significa existir no mundo sen poder ver a luz ou a lúa". Akira Kurosawa

Satyajit Ray é o director que mudou para sempre o cinema hindú na década dos cincuenta. Modernizou a linguaxe, estableceu uns parámetros temáticos máis abertos e realistas, amosando unha imaxe da India pouco compracente aínda que de infinito lirismo, foi o primeiro director hindú que triunfou en occidente, e quizáis gracias á porta que el abriu no seu momento, hoxe é posible disfrutar nos cines en versión orixinal de filmes rodados neste país.

A obra mestra de Ray é esta triloxía que inaugurou excepcionalmente a súa carreira como director, aínda que curiosamente non foi concebida como unha triloxía, senón que se rodaron os filmes nun periodo de tempo moi amplo e se estrearon logo paulatinamente.

“El lamento del sendero”, primeiro filme do trío, relata a infancia de Apu nunha das pobrísimas zonas rurais da India. Apu, fillo dunha familia bengalí, é un neno (interpretado por Subir Bannerjee, descuberto pola muller de Ray cando o neno xogaba despreocupadamente xunto a súa casa) atado por fortes lazos a súa familia e ás trdicións do seu povo, pero nesta infancia marcada pola falla de recursos, tamén vivirá momentos de ledicia como cando, nunha emocionante escena, Apu ve un tren por vez primeira. Ledicias e tristuras son a base da triloxía, ninguén como Ray equilibra emocións tan opostas dun xeito tan sinxelo.

O mesmo director, na súa xuventude de crítico cinematográfico en Calcuta, reclamaba esa sinxeleza na ollada que tanto botaba en falla no cinema do seu país e que resulta ser a clave da poesía da súa obra: “A materia pura do cine é a vida. É incríbel que un país que ten inspirado tanta pintura, música e poesía non conmova ao cineasta. Este, so ten que manter os ollos e as orellas abertas. Deixémoslle que o faga”.

Despois de gañar o primeiro premio en Cannes con “El lamento del sendero”, Ray afronta os anos de mocidade de Apu en Benares co segundo filme da serie, “El invencible”. Desta vez, Apu afástase da súa nai e deberá aprender a se valer por si mesmo.

Un Ray consolidado no seu país , que neste ocasión non tivo que comenzar a rodar o filme en 16mm e con tan só uns centos de libras, como fixera en “El lamento del sendero”. O filme gaña o León de Ouro no Festival de Venecia de 1957 e Ray segue a asombrar a occidente, tamén impactado pola demoledora banda sonora, presente en toda a triloxía, do músico hindú máis influíte de todos os tempos, Ravi Shankar.

Oito anos tardou Satyajit Ray en completar o seu último filme sobre a vida de Apu, "El mundo de Apu". Agora, o protagonista vive en Calcuta e contrae matrimonio, mentres mira a triste realidade do seu país, evidente para o espectador en escenas de brutal realismo, como cando Apu comenza a traballar como escritor de etiquetas nunha fábrica de tarros de comida onde os obreiros traballan como máquinas inhumanas. Remataba así a triloxía, adaptación duna novela autobiográfica de Bibhutibhushan Bandhipadhyaya que retrataba a vida na India de primeiros do século XX dun xeito tan sinceiro e naturalista, dando cor aos pequenos recunchos da existencia para poder dar logo unha imaxe universal do ser humano, que desgraciadamente non foi comprendida por moitos críticos do seu propio país, pero esa foi unha constante na carreira do director. A súa visión da vida molestaba profundamente a diversos sectores da India, e xa nos anos oitenta foi acusado de darlle ao resto do mundo unha imaxe demasiado negativa (por pobre) do país. Ray foi un creador desde a súa infancia. A súa familia estaba ligada a círculos progresistas da India, rexeitaban o sistema de castas e os matrimonios entre nenos, e mantiñan contacto co venerado poeta Rabindranath Tagore. Pasou moitísimas horas da súa xuventude mirando filmes de Hollywood e escribindo a directores da altura de Billy Wilder. Coñeceu a Renoir cando realizaba traballos de crítico na Sociedade Cinematográfica de Calcuta, e foi o mestre francés quen lle animou a que se lanzara á dirección.

A súa precisión visual coa cámara quizáis proveña da etapa que viviu como ilustrador en Londres, e a busca no seu cine da crua realidade do país lembra enormemente ao Neorrealismo italiano, do cal era un admirador declarado.

Descobrer o cine de Ray é achegarse suavemente a un mundo onde os filmes flúen de forma diferente, cun ritmo máis axeitado cos movementos da vida. A dulzura e a amargura nunha alternancia que non ten fin e que, en filmes como os que forman esta triloxía de Apu, ou noutros do seu autor como “la habitación de la música”(1959) ou a maravillosa “La diosa”(1960), conserva toda a súa emoción.

Ray xa o dicía, non custa nada abrir ollos e orellas.

ENTREVISTA CON SATYAJIT RAY por Micciollo Henry

01 julio, 2008

CINE, MULLER E JAZZ NO UTOPÍA SON III

Iniciada xa a III MOSTRA DE CANCIÓN DE AUTOR "UTOPÍA SON"; proxectaremos cine, documentais e concertos relacionados co motivo que este ano move á Mostra: a muller e a luita contra a violencia machista.
Durante estes próximos meses que durará o Utopía Son III (até fins de setembro), ademáis dos concertos e demáis actividades da Mostra, poderemos ver os mellores filmes musicais e filmacións dos concertos das principais intérpretes e compositoras nos diferentes estilos musicais.
Estade atentos! sobre todo ao 1º MARATÓN "A historia do jazz en 12 horas" que terá lugar o xoves 3 de xullo das 12h. até as 24h.
As proxeccións serán diarias a partir das 20h. Xa temos as datas dos seguintes maratóns de 12 horas de concertos filmados. Ahí van: XOVES 24 DE XULLO: "12 HORAS CON... BREL, BRASSENS, FERRÉ" XOVES 14 DE AGOSTO: "A HISTORIA DO ROCK EN 12 HORAS" XOVES 3 DE SETEMBRO: "12 HORAS CON... COHEN, DYLAN, WAITS" XOVES 24 DE SETEMBRO: "XENIOS DO BRASIL" E lembrade que o cine e a música seguen a acompañar ao UTOPIA SON III até finais de Setembro!!!

19 mayo, 2008

CINE E MAIO DO 68

Estreamos dous novos ciclos de cine. O primeiro contén filmes realizados no ano 1968 en diferentes países, en moitos casos aínda axenos ás grandes transformacións que estaban a ter lugar en Europa. O segundo tratará máis a fondo as revoltas estudiantís e obreiras que se sucederon en Francia naquel ano convertido en esperanza de cambio para todo o mundo. Renováron-se as conciencias, as sociedades, os individuos..., e o cine tomou nota de todo. As sesións serán os luns, martes e xoves até comenzos de xuño. Proxectaremos dous filmes diarios ás 20:30h. e ás 22:30h. E os domingos ás 18:30h. . . . MAIO DO 68: A CONCIENCIA NO CINE (Por Jordi Costa)

.

Cando o director hongkonés Kuang-chi Tu rodaba unha escena de luita na súa epopeia de artes marciais Tang show tai quan dao (rebautizada Crush para a súa distribución internacional) nunca plantexára-se a posibilidade de que o actor abrira a boca e dixera:: “tóma-o con calma. Non son trotskista” Nin que a actriz contrincante contestara: “créo-te. Vin-te matar a máis de un cura, pero non podes vencer á alienación con meios alienados”. Aos diálogos orixinais, falados en mandarín, alcanzára-lles a forza de un vento pos-68: o cineasta (e situacionista) René Vienet apropióu-se de esta peza de xénero para a someter á súa particular transformación ideolóxica e humorística. O resultado foi o filme La dialctique peut-elle casser des briques? (1973), onde unha dobraxe creativa como a que patentara Woody Allen sete anos antes en What´s Up, Tigre Lily

(1966), transformaba a luita entre luitadores de taekwondo coreanos e opresores xaponeses en feroz dialéctica entre revolucionarios e burócratas.

Entre o divertimento de Woody Allen e o detournément de Vienet sucedera algo: o Maio do 68, a primeira revolución que puido ser rexistrada en tempo real ao pé da barricada. Unha revolución que, de algún xeito, tivo o seu propio tráiler cinematográfico –La chinoise (1967), de Jean-Luc Godard-, a súa subtrama cinéfila -o caso Langlois- e os seus danos colaterais en La Croisette. O filme de Vienet suxire que entre as posibilidades da utopía estaba o soño de subvertir todos os discursos institucionais do cine. Quizáis por iso, resulta paradóxico que, para moitos espectadores –especialmente os máis novos- a esencia do 68 estea contida en un filme como Soñadores (2003), que non é máis que a súa falsificación. Ou ben a súa reconversión en fantasía erótica. Se contempláramos as filmografías dos cineastas da nouvellle vague como se foran síntomas do que acontecería, só a de Godard aportaría unha xusta medida das turbulencias ideológicas surxidas arredor do 68. Con La chinoise anunciou a treboada inminente. O seu seguinte traballo, Weekend (1967), pechóu-se con un rótulo que decretaba a “fin do cine” para dar paso a unha etapa de radical autocuestionamento e feroz indagación das formas que pudieran aumentar o alcance político do meio.

La chinoise podería ter sido un filme coxuntural, pero non foi así: alí non só estaba contido o preludio da revolución, senón, tamén, a premonición do seu fracaso. Ver o filme desde o noso presente pode engadir claves de interpretación que quizáis Godard, nese estado de urxencia que o levaba do desencanto soviético ao frechazo maoísta, non tiña nos seus plans. Por outo lado, está a localización central do filme: ese apartamento onde o Libro Vermello de Mao funciona como recurrente peza decorativa e clave cromática, toda unha abstracta casa de xogos que semella delatar o estado de inmadurez dos protagonistas e o seu aillamento na esencia dos discursos incendiarios. Por outro, a escena clave do filme: a larga discusión sobre a acción directa entre a actriz Anne Wiazemsky e o filósofo Francis Jeanson, procesado en 1960 polo seu apoio aos guerrilleiros arxelinos. Godard actúa con astucia de estratega: as súas incendiarias opinións da época aparecen na boca da personaxe feminina, pero sempre contan coa réplica de Jeanson, que xa está na viaxe de volta do seu radicalismo.

Entre os primeiros pasos do Maio do 68 estivo, como destacou o Bertolucci de Soñadores, a airada reacción da comunidade cinematográfica (non só francesa) diante da destitución de Henri Langlois como responsable da Cinemateca Francesa por parte do entón ministro de Cultura, André Malraux. Directores como Truffaut, Godard e Resnais desenrolaron un papel activo nas protestas, que contaron co apoio foráneo de Chaplin, Jerry Lewis, Kurosawa, Fellini e Eric von Stroheim, entre outros, e coa intervención directa de un compañeiro de viaxe que non tardaría en se converter no motor do activismo estudiantil, Daniel Cohn-Bendit. Este primeiro capítulo da revolta tivo, ao seu modo, final feliz: Langlois voltou á Cinemateca, aínda que o caso –unido ao apoio dos cineastas aos estudantes e obreiros xa sublevados- mandou ao limbo a correspondente edición do Festival de Cannes.

Co Maio do 68 non só emerxeu unha nova conciencia política, senón que tamén cinematográfica: Chris Marker, Jean-Luc Godard e Alain Resnais decidiron esquecer a súa identidade autoral para formar un colectivo anónimo, saír á rúa e empregar cámaras de 16 milímetros para compoñer e distribuir os chamados cinétracts, boletíns informativos en branco e preto de dous minutos e cincuenta segundos, orientados a rexistrar os acontecementos do momento e a establecer vías de comunicación entre estudantes e folguistas.

O compromiso de Godard non rematou co regreso dos folguistas aos seus postos de traballo e dos estudantes ás aulas: o director fundou, xunto a algúns camaradas maoístas, o grupo Dziga Vertov, que prolongou as súas actividades até 1974.

É curioso que Maio do 68 sexa ruido de fondo en Milou en Maio (1989), de Louis Malle, textura cool en CQ (2001), de Roman Coppola, e soño húmido en Soñadores (2003), de Bertolucci. Afortunadamente, este último filme –posiblemente a gran traición sobre a memoria da revolta- presionou o resorte para que Philippe Garrel reaccionara con Les amants réguliers (2004), que ben podería ser, polo momento, o grande (ou máis verdadeiro) filme sobre o 68 e sobre unha utopía que precisaba de ser realizada.

04 abril, 2008

OBRAS MESTRAS DO WESTERN

Comenzamos un novo ciclo de cine adicado ao western. Todos os martes ás 20:30h.

20 febrero, 2008

GROUCHO MARX

UTOPÍA CINEMA comenza un ciclo de cine adicado a Groucho Marx. Todos os domingos ás 22:30h.