27 mayo, 2009
APRESÉNTA-NOS O TEU FILME FAVORITO
Pois ben, comenzamos unha nova proposta dentro do Cineclube Utopía Cinema.
Tráta-se de que compartas unha experiencia cinematógrafica que te resultara especial.
Pode ser calquera filme ou documental que te marcara especialmente por calquera motivo.
Deste xeito, cada semana unha persoa diferente apresentará o filme escollido.
A partir das 20h. a persoa que escolleu o filme, falará-nos un pouco sobre o mesmo (desde cando é o seu preferido, por que, que escena lembra con máis intensidade, que diálogo considera máis interesante...etc.). Despois, nunca máis tarde das 20:30h, proxectaremos o filme e debatiremos as ideas propostas.
Con esta actividade pretendemos crear un espazo máis para socializar sensacións, emocións... Un paso máis no camiño de COMPARTIR CULTURA E EXPERIENCIAS.
Se queredes participar podedes pasar polo café UF (rúa do Pracer, 19-Vigo), ou ben dirixir-vos ao correo utopiacinema@yahoo.es ou contactando no telefone 652.57.47.52.
E xa sabedes... OMNIA SUNT COMMUNIA!
Só o consumo individual e o egoísmo son delito.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario