09 diciembre, 2013

3ª MOSTRA DO DOCUMENTAL ALTERNATIVO- Programa



·         Martes 10 de decembro ás 20 h. “Disciplina y resistencia”.  206 min, Autoría colectiva.
O extermino político inicial perpetrado polas forzas golpistas en 1936 deu paso nos anos posteriores a unha desapiadada explotación laboral. O traballo forzado foi o complemento a un abanico de medidas represivas entre as que sobresaíu o asasinato dunhas 150.000 persoas. En Nafarroa, Sevilla, León e Canarias houbo, como no resto de provincias, campos de concentración onde traballaron e morreron miles de vencidos. Este recopilatorio recolle os seguintes documentais: "Desafectos", "Presos do silencio", "Palabras de pel" e "Campos do silencio".


·         Mercores 11 de decembro ás 20 h. “Gazta Zati Bat”
Un documental que converte ao espectador no protagonista da historia. Este  presenta o conflito vasco dun modo innovador: ofrece unha mirada próxima dos grandes feitos, conta a historia con letra pequena, desde a proximidade, o intimismo e o humor... Recalca o factor humano e afástase dos estereotipos da historia e as crónicas xornalísticas. 




·         Venres 13 de decembro ás 20 h. “La adeuda oculta”. Autoría colectiva. Ekologistak martxan. 2011. 45min
Os países do Norte, industrializados ou enriquecidos, beneficiámonos do barato que sae pescar atuns en Somalia, extraer minerais en Bolivia ou cultivar agro combustibles en Indonesia, porque, entre outras cousas, non se paga polo contaminado. Así, tanto as empresas vascas que traballan alí, como os nosos gobernos pasando polos consumidores, benefícianse desta desigualdade.

 
Venres 13. Ás 21.30 h. “Portless” de Talia Leibovitz. Nanouk Films. 2010. 26min.
Tras sobrevivir a unha tormenta no medio do Mediterráneo, o mercante Stratis II recala no porto de Barcelona a finais de 2007. Nun primeiro momento, o obxectivo é entregar a carga, arranxar os desperfectos ocasionados en alta mar e continuar a viaxe. O que nin a tripulación nin o seu capitán, Mumtz Ahmed, imaxínanse é que ese foi a última viaxe do barco e que eles van ser abandonados á súa sorte no porto.




·         Sábado 14 de decembro ás 20 h. “Ziztadak – Tábanos” de Oriol Andrés, Carlos Castro, Gemma García. Bidea helburu, Fora de quadre. 2012. 52min.
O ruído da violencia e o griterío da política han arrinconado moitas veces a historia da loita activista nonviolenta en Euska Herria. Existe toda unha cadea de feitos descoñecidos,  que en ocasións tiveron notable proxección internacional. Descubrilos provoca reflexións e emocións que removen conciencias e actitudes. Kukutza, Lemóniz, Itoitz... algúns dos protagonistas contan como foron aquelas loitas nos lugares emblemáticos, e explican a validez e a vixencia da nonviolecia.





Martes 17 de decembro ás 20 h. “Thomas Sankara”. A revolución asasinada”.
O presidente de Burkina Fasso que entre 1983 e 1987 impulsou o cambio social e económico máis ambicioso xamais intentado en África. Foi tamén un teórico do panafricanismo cuxo goberno aboliu as leis tribales, a ablación, o matrimonio forzado, a poligamia e nacionalizou os recursos naturais, entre outras moitas medidas. Aquilo non podía ser: por iso foi asasinado no marco dun golpe de estado organizado pola metrópoli francesa.



·         Mercores 18 de decembro ás 20 h. “Vete diario de la plaza Tahrir” de Marc Almodovar. Dr. Almo Films. 2011. 55min.
25 de xaneiro de 2011: a caída de Ben Alí en Túnez dez días antes abriu a brecha. En Egipto, grupos de solidariedade co mozo alejandrino Khaled Said, asasinado pola policía, convocan contra o réxime. As ansias de liberdade e xustiza social vencen ao medo e iníciase unha revolta que sacudirá ao mundo enteiro. Crónica, desde dentro, dos 18 días de loita que fixeron caer a un dos dictadores máis estables de Oriente Próximo.


·          
      Venres 20 de decembro ás 20 h. “The Yes Men”. Autoría colectiva.
Para o grupo activista The Yes Men, un evento inequívocamente previsible como unha convención empresarial pode resultar un espazo apreciado no que incursionar, usurpar ou fraguar identidades, disfrazados ou caracterizados, e expoñer as súas ideas sobre catástrofes ou sobre responsabilidades non asumidas. O seu proxecto político é o dunha planificación de tóma por asalto de espazos inimigos, a intervención desaforada e lúcida como un modo de acción contra a rapiña capitalista.


Sábado 21 de decembro ás 20 h. “Toda mi vida en prisión (Mumia)”
William Francome é o típico branco de clase media que está a piques de embarcarse
nunha viaxe ao corazón das tebras do sistema xudicial norteamericano: o embrollado asunto do máis soado preso do corredor da morte estadounidense: Mumia Abu-Jamal. A conexión é simple: "Nacín en Londres o 9 de decembro de 1981. Ese mesmo día, e a 5.000 quilómetros de distancia, un pantera negra e xornalista revolucionario era arrestado polo asasinato dun oficial de policía de Filadelfia. Malia reclamar a súa inocencia, foi condenado a morte e espera, desde entón, a súa execución".



As proxeccións fanse no Negra Sombra Blues (Café UF) Pracer 19 Vigo








DOCUTOPÍA-3ª Mostra do Documental Altrernativo

A través de oito días poderemos ver unha ampla mostra de outra realidade sobre a que case nunca pon o foco os medios de comunicación oficiais. .
Vivimos un momento que algúns cualifican como a época dourada do documental. Nos últimos anos asistimos ao feito insólito de ver como determinados documentais son estreados nas salas comerciais, ata algúns cun grande éxito de público. Grandes estudos apostan por producir documentais que aparentemente critican un sistema de cousas das que eles non son alleos. Esta aparente contradición resólvese na implacable ecuación do beneficio económico. Ata teñen convertido a determinados documentalistas en estrelas mediáticas.
Á marxe de todo isto, e case sempre marxinados, existen unha gran produción de documentais verdadeiramente críticos, combativos, comprometidos, e que sempre chaman a mover a nosa conciencia ante realidades case sempre dolorosas. Son obras realizadas a pesar de todos os inconvenientes, feitas co corazón, a intelixencia e a indignación de persoas por cuxas veas circula sangue e non euros. Un traballo que nunca valoraremos o suficiente. DOCUTOPÍA, na medida das súas posibilidades, pretende mostrar este traballo, oculto e ocultado, por dúas razóns fundamentais. En primeiro lugar como homenaxe a todos eses realizadores, e en segundo lugar queremos utilizar as súas producións para o que cremos que foron feitas: debater, sensibilizarnos e provocar a nosa acción. E, en fin, facernos máis sabios e xustos. 


As proxeccións serán no Negra Sombra Blues (Café UF) Pracer 19 Vigo