13 enero, 2009

CICLO DE CINE SOBRE PALESTINA

Dedicámos-lle este novo ciclo de cine ao povo palestino e a todos e todas aqueles que están a manifestar a súa repulsa ao ataque (outro máis) do exército do estado de Israel. Pretendemos aportar reflexións que, desde diferentes puntos de vista, se veñen dando a esta situación insoportable desde o cine dos últimos anos. Unha tarefa dura por momentos pero necesaria... Ademáis...non podiamos mirar para outro lado. O ciclo será todos os domingos ás 22:30h até que non teñamos máis filmes... ou o povo palestino sexa livre!