10 noviembre, 2009

NOVOS HORÁRIOS, NOVOS DÍAS, NOVAS OPORTUNIDADES.

Pois iso. Mudamos os días e os horários das proxeccións. Agora, o CINECLUBE UTOPÍA CINEMA, proxectará tamén os xoves (ademáis dos acostumados domingos) A cousa fica así: - OS DOMINGOS ás 19h: ciclo "PRESÉNTA-NOS O TEU FILME PREFERIDO" . Os interesados/as farán unha breve presentación do filme que escollan antes da proxección. A seguir, haberá un colóquio entre os asistentes. - OS XOVES ás 20h: ESPAZO FILMOTECA. O Cineclube escolle un filme entre o noso fondo. Se queredes receber información sobre os filmes a proxectar, saber se contamos co filme que gostariades de ver, ou calquera outra dúbida, escribide-nos ao noso correo: utopiacinema@yahoo.es