Pois sí, voltamos a Theo Angelopoulos. Proxectaremos os seus primeiros filmes, até hai pouco inéditos.Ben é sabido que a vida divíde-se entre, ademáis de outras consideracións, os que tivemos a sorte de desfrutar do cineasta grego e os que non. Pola nosa parte faremos o imposível para que ninguén sinta ese vacío existencial e poida desfrutar desta oportunidade (outra máis) para se achegar a unha experiencia inolvidável.Ficas avisado, ¿levabas un tempo sentíndo-te valeiro, sen estímulos? Pois restába-te Angelopoulos.Os domingos ás 20:30h no Cineclube Utopía Cinema.Vémo-nós. OMNIA SUNT COMMUNIA.E lembra que compartir non pode ser delito, mais é unha necesidade.
No hay comentarios:
Publicar un comentario