09 diciembre, 2013

3ª MOSTRA DO DOCUMENTAL ALTERNATIVO- Programa



·         Martes 10 de decembro ás 20 h. “Disciplina y resistencia”.  206 min, Autoría colectiva.
O extermino político inicial perpetrado polas forzas golpistas en 1936 deu paso nos anos posteriores a unha desapiadada explotación laboral. O traballo forzado foi o complemento a un abanico de medidas represivas entre as que sobresaíu o asasinato dunhas 150.000 persoas. En Nafarroa, Sevilla, León e Canarias houbo, como no resto de provincias, campos de concentración onde traballaron e morreron miles de vencidos. Este recopilatorio recolle os seguintes documentais: "Desafectos", "Presos do silencio", "Palabras de pel" e "Campos do silencio".


·         Mercores 11 de decembro ás 20 h. “Gazta Zati Bat”
Un documental que converte ao espectador no protagonista da historia. Este  presenta o conflito vasco dun modo innovador: ofrece unha mirada próxima dos grandes feitos, conta a historia con letra pequena, desde a proximidade, o intimismo e o humor... Recalca o factor humano e afástase dos estereotipos da historia e as crónicas xornalísticas. 




·         Venres 13 de decembro ás 20 h. “La adeuda oculta”. Autoría colectiva. Ekologistak martxan. 2011. 45min
Os países do Norte, industrializados ou enriquecidos, beneficiámonos do barato que sae pescar atuns en Somalia, extraer minerais en Bolivia ou cultivar agro combustibles en Indonesia, porque, entre outras cousas, non se paga polo contaminado. Así, tanto as empresas vascas que traballan alí, como os nosos gobernos pasando polos consumidores, benefícianse desta desigualdade.

 
Venres 13. Ás 21.30 h. “Portless” de Talia Leibovitz. Nanouk Films. 2010. 26min.
Tras sobrevivir a unha tormenta no medio do Mediterráneo, o mercante Stratis II recala no porto de Barcelona a finais de 2007. Nun primeiro momento, o obxectivo é entregar a carga, arranxar os desperfectos ocasionados en alta mar e continuar a viaxe. O que nin a tripulación nin o seu capitán, Mumtz Ahmed, imaxínanse é que ese foi a última viaxe do barco e que eles van ser abandonados á súa sorte no porto.




·         Sábado 14 de decembro ás 20 h. “Ziztadak – Tábanos” de Oriol Andrés, Carlos Castro, Gemma García. Bidea helburu, Fora de quadre. 2012. 52min.
O ruído da violencia e o griterío da política han arrinconado moitas veces a historia da loita activista nonviolenta en Euska Herria. Existe toda unha cadea de feitos descoñecidos,  que en ocasións tiveron notable proxección internacional. Descubrilos provoca reflexións e emocións que removen conciencias e actitudes. Kukutza, Lemóniz, Itoitz... algúns dos protagonistas contan como foron aquelas loitas nos lugares emblemáticos, e explican a validez e a vixencia da nonviolecia.





Martes 17 de decembro ás 20 h. “Thomas Sankara”. A revolución asasinada”.
O presidente de Burkina Fasso que entre 1983 e 1987 impulsou o cambio social e económico máis ambicioso xamais intentado en África. Foi tamén un teórico do panafricanismo cuxo goberno aboliu as leis tribales, a ablación, o matrimonio forzado, a poligamia e nacionalizou os recursos naturais, entre outras moitas medidas. Aquilo non podía ser: por iso foi asasinado no marco dun golpe de estado organizado pola metrópoli francesa.



·         Mercores 18 de decembro ás 20 h. “Vete diario de la plaza Tahrir” de Marc Almodovar. Dr. Almo Films. 2011. 55min.
25 de xaneiro de 2011: a caída de Ben Alí en Túnez dez días antes abriu a brecha. En Egipto, grupos de solidariedade co mozo alejandrino Khaled Said, asasinado pola policía, convocan contra o réxime. As ansias de liberdade e xustiza social vencen ao medo e iníciase unha revolta que sacudirá ao mundo enteiro. Crónica, desde dentro, dos 18 días de loita que fixeron caer a un dos dictadores máis estables de Oriente Próximo.


·          
      Venres 20 de decembro ás 20 h. “The Yes Men”. Autoría colectiva.
Para o grupo activista The Yes Men, un evento inequívocamente previsible como unha convención empresarial pode resultar un espazo apreciado no que incursionar, usurpar ou fraguar identidades, disfrazados ou caracterizados, e expoñer as súas ideas sobre catástrofes ou sobre responsabilidades non asumidas. O seu proxecto político é o dunha planificación de tóma por asalto de espazos inimigos, a intervención desaforada e lúcida como un modo de acción contra a rapiña capitalista.


Sábado 21 de decembro ás 20 h. “Toda mi vida en prisión (Mumia)”
William Francome é o típico branco de clase media que está a piques de embarcarse
nunha viaxe ao corazón das tebras do sistema xudicial norteamericano: o embrollado asunto do máis soado preso do corredor da morte estadounidense: Mumia Abu-Jamal. A conexión é simple: "Nacín en Londres o 9 de decembro de 1981. Ese mesmo día, e a 5.000 quilómetros de distancia, un pantera negra e xornalista revolucionario era arrestado polo asasinato dun oficial de policía de Filadelfia. Malia reclamar a súa inocencia, foi condenado a morte e espera, desde entón, a súa execución".



As proxeccións fanse no Negra Sombra Blues (Café UF) Pracer 19 Vigo








DOCUTOPÍA-3ª Mostra do Documental Altrernativo

A través de oito días poderemos ver unha ampla mostra de outra realidade sobre a que case nunca pon o foco os medios de comunicación oficiais. .
Vivimos un momento que algúns cualifican como a época dourada do documental. Nos últimos anos asistimos ao feito insólito de ver como determinados documentais son estreados nas salas comerciais, ata algúns cun grande éxito de público. Grandes estudos apostan por producir documentais que aparentemente critican un sistema de cousas das que eles non son alleos. Esta aparente contradición resólvese na implacable ecuación do beneficio económico. Ata teñen convertido a determinados documentalistas en estrelas mediáticas.
Á marxe de todo isto, e case sempre marxinados, existen unha gran produción de documentais verdadeiramente críticos, combativos, comprometidos, e que sempre chaman a mover a nosa conciencia ante realidades case sempre dolorosas. Son obras realizadas a pesar de todos os inconvenientes, feitas co corazón, a intelixencia e a indignación de persoas por cuxas veas circula sangue e non euros. Un traballo que nunca valoraremos o suficiente. DOCUTOPÍA, na medida das súas posibilidades, pretende mostrar este traballo, oculto e ocultado, por dúas razóns fundamentais. En primeiro lugar como homenaxe a todos eses realizadores, e en segundo lugar queremos utilizar as súas producións para o que cremos que foron feitas: debater, sensibilizarnos e provocar a nosa acción. E, en fin, facernos máis sabios e xustos. 


As proxeccións serán no Negra Sombra Blues (Café UF) Pracer 19 Vigo





22 agosto, 2013

Orixes do Cine de Animación


LADISLAS STAREVICH


Ladislas Starevich inventou as películas de bonecos en 1910, e realizou case 50 obras ata a súa morte en 1965, todas inicialmente dirixidas a un público infantil, pero moito máis grotescas -tanto en personaxes como en situacións- e intensas do que hoxe considerariamos "apto para nenos".


Wladislaw Starevich naceu en Viño, Polonia, o 8 de agosto de 1882. A súa paixón pola entomología levoulle a producir documentais en Moscú en 1909 e 1910 sobre os insectos ; vistas as condicións de traballo, decidiu crear cucarachas "virtuais"  unindo as patas ao tórax con cera. Ese primeiro filme foi unha obra sen precedentes: "A Batalla das Cucarachas Macho", a primeira película de bonecos.
O seu traballo non caeu en saco roto nin a súa achega pasou desapercibida: tanto é así que a popularidade de Starevich foi en aumento: a súa terceira película, "A Cigarra e a Formiga", tivo honores do Zar; e ata se converteu nunha persoa socialmente relevante, invitado en todo tipo de festas, sen deixar de producir películas e sen baixar un ápice a súa calidade. Algunhas das películas de Starevich chegaron a un nivel de dificultade asombroso, con escenas complexísimas onde bonecos movíanse entre follas flotantes, iluminación rítmica, auga en movemento e sombras de persoas reais. 
A revolución rusa forzoulle a emigrar en 1920 a Paris, onde sería coñecido como Ladislas e onde pasou o resto da súa vida deseñando e realizando as súas películas, sen máis axuda que a da súa filla, e rexeitando ofertas da potente industria cinematográfica norteamericana e a súa tradicional censura. E é que o bo de Ladislas, ademais de inventor e artista, sempre foi un independente. Levantemos o Vodka no seu honor. 

Jiří Trnka

Jiří Trnka formou-se na Prague School of Arts and Crafts, em 1936 idealizou um teatro de marionetes, criado no inicio da Segunda Guerra Mundial e em vez do teatro, desenhou cenários e ilustrou livros para crianças ao longo da guerra.
Depois da guerra, ele criou um departamento de animação nos estúdios de filmagem Prague. Trnka foi conhecido mundialmente por ser o melhor animador de marionetes no método checo e ganhou vários prémios em festivais de cinema. Um animador chamou-se "O Walt Disney do Leste".
Em 1946, no Festival de Cannes ganhou um prémio, um ano depois passou a trabalhar em cinema. Os seus filmes foram realizados para um público adulto. No inicio de 1948, o governo comunista Checo começou a subsidiar o seu trabalho, apesar disso o seu estilo e mensagem permaneceram inalteráveis, para além de filmes, ele também animou cartoons, escreveu guiões para maior parte dos seus filmes. Em 1949 ganhou o prémio Hans Christian Andersen, o mais alto prémio em literatura de crianças. Ele morreu em 1969 de problemas cardiacos.


Jan Švankmajer

Jan Švankmajer, nado o 4 de setembro de 1934 en Praga (Checoslovaquia), é un cineasta e artista gráfico checo, cuxa obra se extende por diversos medios. Autodefínese como surrealista, coñecido polas súas animacións e características surrealistas que influíron, entre outros, a Terry Gilliam, ou aos Irmáns Quay.[1]
Nos seus filmes, Svankmajer traballa con bonecos, empregando a técnica de stop-motion. Tamén ten empregado actores reais, máquinas, figuras de arxila, bonecas antigas, esqueletos de animais e outras moitas cousas. Consigue crear un clima de pesadelo, o que non impide que os seus filmes sexan, alo menos en certo modo, divertidos. Tense inspirado nas obras de autores como Edgar Allan Poe, Lewis Carroll e a lenda xermánica do Doutor Fausto (que serviu de inspiración a moitos outros autores).

Estivo casado con Eva Švankmajerová, pintora surrealista, ceramista e escritora de sona mundial, que faleceu en outubro de 2005. Eva colaborou en varias das películas de Švankmajer como Fausto, Otesánek e Alis.
 

 

25 junio, 2013

Ciclo Cine Ciencia Ficción



Adoitamos esquecernos de cousas que nos impresionaron, seguindo as pautas que nos suxiren outros, pequenos logros son borrados e substituidos por información sen importancia. Logo, pasa o tempo, e nunha desas noites de insomnio, rescatas esa película, da que so recordabas unha nave con prantas e un fulano de aquí para ala desquiciado, ese robot que parecía mais humano cos humanos, ou esos viaxes no tempo que con tanta simpleza foran maxistralmente rodados. Buscando eses momentos, e tamen tentando crear outros, nace este ciclo de cine de ciencia ficción.

O punto de partida era sinxelo; películas norteamericanas esquecidas. Pero dende ahí xurdíu unha viaxe entre distintos paísies e épocas, rescatando películas mais o menos esquecidas, que quizas pola sombra doutros filmes mais respetados, pasaron pouco a pouco aos recunchos da escuridade da nosa mente.

Decir que é unha elección totalmente arbitraria, de coñecidos, libros, listas e butraos de internet, que foron fiando dende aquí para alá a escritores, con directores, con múxicos etc. Polo seu continuo desafío a leis, a viaxes adiante e atrás no tempo, e polos seus aparentemente momentos absurdos, a orden de proxección será particularmente azarosa.

Como é dito arriba, o punto de partida son os Estados Unidos. Incluidas están películas moito anteriores, de paises como Francia ou a URRS, pero é dende Estados Unidos donde hoxe en día estánse a producir maior número de películas e por tanto onde mais quedan esquecidas rapidamente. Tomamos Norteamética, e particularmente as décadas dos 60 e 70, por ser neste lugar onde debido a unha serie de cambios sociais-culturais a ciencia ficción tería unha particular explosión, acontencendo un salto de calidade e cantidade, que non se vira antes.

Encontrámonos nun momento incribre para Norteamérica, a competición do espacio, guerras que trasnformarán a mentalidade dos seus cidadans, utopías, drogas, en consecuencia novas ideas. Todo isto deriva nun auge da literatura de ciencia ficción que será o caldo de cultivo para moitos dos filmes que aparecerán, son momentos da filosofía de Arthur C. Clarke (guionista de 2001:Space Odity) da poesía de Ray Bradbury (Farenheit 451 (1966)) a tecnología de Isaac Asimov ( I, Robot (2004) ) e a metafísica de Philip K. Dick (Blade Runner)

Son tempos de inovación constante, coma naves que viaxan en busca de novos planetas, explóranse unha infinidade de xéneros, e é nesta variedade, que comeza o ciclio... 

 http://cafeuf.com/Img/actividades/cine/Ciencia%20Ficcion.pdf

06 marzo, 2013

CINEMA GALEGO (II): RODRÍGUEZ BAIXERAS

Seguimos na procura de filmes galegos esquecidos.


Desta volta é o turno de O DOCUMENTO, de Enrique Rodríguez Baixeras. Tráta-se dun filme baseado nun relato do escritor lucense Ánxel Fole.
Foi un dos primeiros intentos de rodar en galego, nuns anos (1974) nos que a lingua galega non tiña consideración de prestíxio "cultural".
De feito, o filme foi secuestrado pola policia franquista baixo a recomendación de "usted lo que tiene que hacer son películas en castellano, que es el idioma de la patria".
Así e todo, o filme de Baixeras ven de ser recuperado e proxectado no 2011 en Ribadeo.
Como nota curiosa, o axudante de dirección de Rodríguez Baixeras é... ¡Fernando Trueba!
Ben, pois aquí vos deixamos unha ligazón onde podedes acudir para ver o filme. A calidade da imaxe non é grande cousa, pero é o que hai.
Saúde.

CINEMA GALEGO (I): DÍAZ NORIEGA.



Achegamos, desta volta, dúas mostras esquecidas do cinema galego que resultan interesantes por  motivos.

O primeiro deles é Cine Amateur de José Ernesto Díaz Noriega. Esta curtametraxe foi premiada coa Palma de Ouro en Cannes no ano 1965. Tráta-se dunha espécie de manual de instruccións cara a creacíon dun filme "caseiro".




Pois ben, a desfrutar!!




28 agosto, 2012

Chris Marker



O cineasta Christian-François Bouche-Villeneuve (1921), pioneiro do cine documental e inspirador de numerosos directores, coñecido por xeracións de cinéfilos como Chris Marker, faleceu o pasado domingo 29 de xullo en París aos 91 anos.
O traballo de Marker que tivo unha repercusión máis ampla é a súa curtametraxe A Jetée (1962), un orixinal experimento cinematográfico que recorre a técnicas propias do cómic. Máis de trinta anos despois, a película do realizador francés serviu de inspiración a Terry Gilliam para rodar 12 monos.
Marker era esencialmente un director de cine, ao que a Cinemateca Francesa atribúe a creación do “documental subxectivo”, unha forma de cine no que o texto resulta tan importante ou máis que a imaxe. Pero este espírito curioso e infatigable era tamén un novelista, poeta, filósofo, crítico, fotógrafo ou artista multimedia que ata case o final das súas nove décadas de vida seguía explorando as posibilidades artísticas de medios tan dispares como os mundos virtuais de Second Life ou Youtube.
Naceu, segundo as fontes máis fidedignas, en Neuilly-sur-Seine, municipio próximo a París. Estudante de Filosofía nos anos previos á II Guerra Mundial, tras a ocupación nazi de Francia uniuse ao maquis. Acabada a guerra iniciou unha carreira xornalística, publicando comentarios políticos, poemas e historias breves no xornal Esprit, onde traballou de xeito conxunto con André Bazin, cofundador da mítica revista cinematográfica Cahiers du Cinéma, na que Marker tamén colaborou asiduamente.
Militante do Partido Comunista francés, estivo moi próximo a figuras cinematográficas e intelectuais como Costa Gavras, Alain Resnais, Jorge Semprún, Akira Kurosawa… sobre o que rodou un apaixonado ensaio cinematográfico, A.K…, Patricio Guzmán ou Agnès Varda. Con varios deles colaborou nalgúns dos seus documentais, nos que, a través dunha mirada estilizada e sumamente persoal, aborda temas de corte etnográfico, reflicte a devastación material e moral do colonialismo ou retrata a brutalidade dos réximes autoritarios.
Entre o medio centenar que rodou, cabería destacar Lles statues meurent aussi [As estatuas tamén morren] (1953), Lettre de Sibérie [Carta de Siberia], A embaixada (1973) ou ¡Cuba si! (1961).
“Foi un cineasta atípico que marcou o cine e renovou profundamente a arte do documental”, declarou o presidente francés, François Hollande, comentando o seu falecemento.


16 febrero, 2012

Theo Angelopoulos

Theodoros Angelopoulos (en grego Θόδωρος Αγγελόπουλος), nado en Atenas o 27 de abril de 1935 e finado na mesma cidade o 24 de xaneiro de 2012, foi un director de cine grego. Estudou leis en Atenas, tras o servizo militar marchou a París para atender á Sorbonne mais acabou entrando no IDHEC (Institut des hautes études cinématographiques). Volveu a Grecia e traballou como xornalista e crítico cinematográfico deica o golpe dos coroneis. Realizou a súa primeira curtametraxe en 1968.

31 octubre, 2011

COMENZA A SEGUNDA MOSTRA DE DOCUMENTAL ALTERNATIVO "DOCUTOPÍA"

DOCUTOPÍA

2ª MOSTRA DO DOCUMENTAL ALTERNATIVO

O cineclube UTOPÍA CINEMA organiza a segunda mostra do documental alternativo.

Desde o día un de Novembro ata o catro de decembro, no café UF-NEGRA SOMBRA, celebrarase esta segunda edición de DOCUTOPÍA.

A través de trinta e catro días, e o mesmo número de documentais, poderemos ver unha ampla mostra desoutra realidade sobre a que case nunca pon o foco os medios de comunicación oficiais. .

Vivimos un momento que algúns cualifican como a época dourada do documental. Nos últimos anos asistimos ao feito insólito de ver como determinados documentais son estreados nas salas comerciais, ata algúns cun grande éxito de público. Grandes estudos apostan por producir documentais que aparentemente critican un sistema de cousas das que eles non son alleos. Esta aparente contradición resólvese na implacable ecuación do beneficio económico. Ata teñen convertido a determinados documentalistas en estrelas mediáticas.

Á marxe de todo isto, e case sempre marxinados, existen unha gran produción de documentais verdadeiramente críticos, combativos, comprometidos, e que sempre chaman a mover a nosa conciencia ante realidades case sempre dolorosas. Son obras realizadas a pesar de todos os inconvenientes, feitas co corazón, a intelixencia e a indignación de persoas por cuxas veas circula sangue e non euros. Un traballo que nunca valoraremos o suficiente. DOCUTOPÍA, na medida das súas posibilidades, pretende mostrar este traballo, oculto e ocultado, por dúas razóns fundamentais. En primeiro lugar como homenaxe a todos eses realizadores, e en segundo lugar queremos utilizar as súas producións para o que cremos que foron feitas: debater, sensibilizarnos e provocar a nosa acción. E, en fin, facernos máis sabios e xustos. .

Está edición de DOCUTOPÍA comeza o día 1 de novembro coa proxección do documental “FRANCISCO MARTÍNEZ QUICO, GUERRILLEIRO CONTRA FRANCO”, que será presentado por el mesmo. A finalizar a proxección abrirase un debate sobre a súa experiencia na guerrilla e como activista da memoria histórica.

Francisco Martínez López Quico é o último combatente do Exército Guerrilleiro de León Galicia que prolongou a súa loita contra Franco ata 1952. .

É de destacar tamén o traballo que desde o 1982 realiza para o recoñecemento político das guerrillas antifranquistas.

Desde 1996 realiza unha intensa actividade no seo do Arquivo Guerra Exilio (A.G.E.). .

Tamén pretendemos converter os cinco xoves desta edición, en días de debate político. A presentación e organización do debate destas cinco sesións correrán a cargo de Iria Bragado e Fernando Rodríguez.